“As nosas historias”, un Obradoiro de Sombras Chinescas en BiblioPazos con Olga Abad
Para celebrar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, onte, mércores 6 de abril, de 11:00 a 13:30 horas da mañá, tivemos en BiblioPazos a Olga Abad Prieto co obradoiro de Sombras Chinescas “As nosas historias”, no que se buscou fomentar a creatividade dos nenos, a escoita, e dar a coñecer ás novas xeracións a narración oral galega máis antiga.
Os rapaces que asistiron a este obradoiro foron os alumnos de 1º e 2º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos de Borbén gozaron coa actividade realizaron os debuxos das personaxes en cartolina e recortáronos posteriormente pegándolle un pau para despois representar o conto de “O galo Quirico” mediante a técnica de sombras chinescas, mentres un compañeiro ía narrando o mesmo.
Velaquí unhas imaxes.