Obradoiro de banda deseñada: coñécete a través dos cuadriños. XOSÉ TOMÁS na Biblioteca Central de Cambre.
Comeza definindo o termo “banda deseñada” e como se denomina nas distintas linguas.
Continúa facendo unha breve historia, remitíndonos aos principios, para adentrarnos na súa propia linguaxe: os silencios, os globos e o delta, a viñeta e as súas clases, as liñas cinéticas, os bocadillos. Ddetense nos planos, analizando os diferentes tipos con exemplos prácticos.
Xosé Tomás fai especial fincapé na creación dos personaxes. Neste punto realiza un exercicio práctico no que a mocidade terá que ir situando en dous óvalos nos que só están trazadas as liñas de contorno, os distintos elementos do rostro. O resultado son dous rostros moi diferentes.
Aporta claves moi interesantes para a creación dun cómic. Ademais fai suscitar interés polos fondos que hai na biblioteca.
Actividade moi ben valorada polos asistentes e na que demandan máis tempo.