Polo correo do Vento trae a Manuel María á Axencia de Lectura de Chapela
Os contadores Polo Correo do Vento achegáronnos as aventuras da saramaganta Roi en “O poeta do Miño”, unha historia que homenaxea a Manuel María.
Nenos e adultos gozaron dunha historia na que os protagonistas percorrían o Río Miño, seguindo moitas das paisaxes contadas e poetizadas por Manuel María, e tamén coñecendo algúns dos seus poemas.
Ao rematar a historia, aprenderon con Carlos Taboada, o ilustrador, a debuxar unha caricatura do noso poeta lucense.