Brinca Vai! de aquí a acolá na Axencia de Lectura de Baio
Paco Nogueiras ( e a súa amiga “máquina”) presentáronnos o seu “libro-disco-DVD” aos nenos e nenas do CEIP Labarta Pose de Baio. Cancións moi divertidas que nos fixeron mover e rir a esgalla. O samaín, o magosto, xogos tradicionais, o apalpador… para recordarnos que “noso o mundo é” e invitándonos a seguir lendo e falando en galego.