“O bigote de Mimí de Manuel María” con Fátima Fernández na Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
O sábado 14 de maio ás 12 h., con motivo da celebración do Día das Letras Galegas na actividade “Os sábados, conto” da Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel, Fátima Fernández relatou e interpretou o conto de “O bigote de Mimí de Manuel María”, un gato manso, agarimoso e presumido. Resultou moi entretida e divertida, e captou en todo momento a atención de cativos e maiores.