AVOA YOUJA TEATRO na Biblioteca Municipal Os Rosales: ” O aloumiño dunha estrela”
O programa de animación á lectura nas bibliotecas “Ler conta moito”, tróuxonos o sábado 14 de maio un Bbencontro especial na Biblioteca Municipal Os Rosales da man de Fran Buceta e a Marta Faílde: Avoa Youja Teatro. As familias participantes con nenos ata os 3 anos disfrutaron mediante a música ó vivo, a poesía visual e a manipulación de obxectos dun espectáculo cheo de estrelas e astros: “O alumiño dunha estrela”. Coma sempre un pracer.
“Se estarricamos moito os brazos, moi lonxe, cara o ceo, parécenos tocar as estrelas coa punta dos nosos dedos. Parece imposible, ¿non si?. No espazo agromarán estrelas que brillan e nos rodean. Para bailar entre elas, para que as pequeniñas e os pequerrechos experimenten a marabilla da beleza e ofrecerlles así a posibilidade de voar tan alto como a súa capacidade de imaxinar novos mundos. Porque rabuñar a bóveda celeste coas puntas dos seus dediños é posible”.

Avoa Youja Teatro: “O aloumiño dunha estrela”