“Barriga verde e o Muiño da Neboa” súmase con éxito ás “Letras Galegas 2016” en Cee
O xoves, 19 de maio, a compañía Títeres Cascanueces pasou por Cee para ofrecer un espectáculo cheo de diversas e apaixonantes historias, que desde un primeiro momento lograron arrincar os sorrisos e exclamacións de asombro dos 210 nenas e nenos de Educación Infantil dos diferentes centros educativos do Concello. Obra moi recomendable para os máis cativos, os cales viron como Barriga Verde saliu do escenario para saudalos, tal como podemos observar na fotografía.