Os nenos de 2 anos da Escola Infantil A Ceboliña de Miño, viñeron o 20 de Maio a Biblioteca a escoitar os Contos de Ida e Volta de Charo Pita.
29 nenos, as súas profes e algunha nai, pasaron un moi bo rato escoitando os Contos de Ida e Volta de Charo Pita. A Biblioteca Pública Municipal de Miño aproveitou a ocasión para presentarse os mais pequenos e ninguén mellor que Charo para facer de anfitriona, algún poema de Manuel María e outros contos fixeron o resto.