“Contos do chupete” na Biblioteca Municipal Xosé Neira Vilas (Vigo)
O venres 20 de maio Bea Campos e Davide González volveron a facer as delicias de grandes e pequenos nunha nova sesión dos Contos do chupete, dentro do ciclo Entre arrolos e contiños.
Sementamos unha chea de carballos acompañados de Xaime e as landras, e tamén aprendemos que non hai nada mellor que compartir unha boa casiña de pedra igual que Os tres porquiños. Descubrimos que se Imos cazar un oso igual podemos levar un bo susto, tanto como para ter que ir correndo ao baño, xa que alí Todo o mundo vai…
En definitiva, unha tarde fantástica, como sempre!