A Biblioteca Municipal de Castrelo de Miño acolleu a actividade “Manuel María con maxia e música” a cargo de Álvaro Muras
Actividade con cancións, cordas, cartas, panos, papeis; da man do músico Álvaro Muras e do mago Martín Camiña coa vida de Manuel María como escenografía.
Celebrado o 29 de maio na biblioteca de Castrelo de Miño, e con actividades tamén no exterior dela aproveitando que no Parque Náutico de Galicia (onde se atopa a biblioteca), se celebrou ese día a Feira mensual de Castrelo de Miño, concurrindo unha gran cantidade de público.