Viaxe polo mundo a través dunha marimba na biblioteca de Rois
O pasado luns 13 de xuño o alumnado de 2º a 6º de educación primaria dos centros educativos de Rois gozaron dunha viaxe moi especial a través do contacontos “Unha marimba no mar”.
Coñeceron deste modo, diversos instrumentos, melodías e culturas da xeografía do mundo.