A maxia do Mago Paco chegou á Axencia de Lectura Fundación Ferama
O pasado venres 17 de xuño celebramos nas instalacións de Fundación Ferama a entrega de diplomas dos cursos realizados durante este ano e o fallo do concurso “Bo Lector 2016”, durante esta xornada de encontro recibimos unha sorpresa que encheu de maxia a Axencia de Lectura desta mesma entidade co Mago Paco e o seu espectáculo “Divermaxia”.

A.L. Fundación Ferama
Historias cheas de maxia, empregando sempre como medio “o libro” e debuxando un sorriso permanente nos máis cativos e nos máis maiores que se achegaron a disfrutar desta gran festa que supuxo pasar unha tarde co Mago Paco.

A.L. Fundación Ferama
Con “Divermaxia” damos por pechado os actos do programa de “Ler Conta Moito” de dinamización da lectura promovido pola Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia a través da Rede de Bibliotecas de Galicia en colaboración coas bibliotecas e axencias pertencentes.