“Mariña, contos nados no mar”, de Raquel Queizas na biblio-piscina de Verín
Un ano máis Raquel Queizás, a nosa contadora de contos máis famosa, voltou ás piscinas de Verín, dentro do programa Ler Conta Moito da Secretaría Xeral de Cultura, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración coa Biblioteca do Concello de Verín.
A actividade levouse a cabo nas Piscinas Municipais do Concello de Verín, (Bibliopiscina), ás 18:00 horas, do pasado domingo 14, para nenos/as de 3 a 12 anos.
Mariña. Contos nados no mar
Mariña foi unha serea galega que viviu entre nós hai moitos anos. Ao seu fillo contáballe lendas e mitos dos seres mariños que poboaban os fondos do mar. Agora comparte con nós todas as súas historias con nós e traenos unha mensaxe moi urxente de parte do océano, que o coidemos que non esquezamos que nas súas augas naceu a vida.