O Coelliño Branco, con Trinketrinke Teatro, na ALM de Carnota
Lilí Gruyère é unha ratiña de biblioteca á que lle encantan os contos. O pasado venres chegou a Carnota dende Lonxedetodo para contarnos historias coma a de Lucía Cotriñas ou O Coelliño Branco, un monicreque moi tenro que sorprendeu o público con divertidos trucos de maxia. Para rematar, coa axuda da gran Lilí, nenos/as e adultos/as dramatizaron maxistralmente o célebre conto de Xosé Ballesteros.