“O Xigante” na Biblioteca Municipal Ánxel Fole de Nós (Oleiros)
O venres, 23 de setembro, contamos coa visita da Compañía Elefante Elegante e o seu espectáculo “ O Xigante” creado a partir do conto de Oscar Wilde. A sesión transcorreu da man dun gran profesional, tanto da narración coma do teatro xestual. A constante presenza da música, axudado polo atrezo variado fixo a ledicia dos asistentes.
Tanto os nenos e nenas coma os adultos ficaron engaiolados co que estaban vendo.
Tarde de venres para lembrar e repetir.