DIVERMAXIA NA BIBLIOTECA ÁNXEL CASAL PARA REMATAR A CHOIVA DE CONTOS DE SETEMBRO
O sábado 24 rematamos a Choiva de contos do mes de setembro cun espectáculo de maxia, a cargo do Mago Paco.
O Mago Paco trouxo a súa DIVERMAXIA á Biblioteca e pasámolo en grande.
Contounos historias, contos, fixemos xogos. E, por suposto maxia!!!.
Os nenos e as nenas puidemos subir ao escenario con el e axudarlle.
Actividade de dinamición a lectura a través da maxia mediante historias, contos e xogos. O Mago Paco é unha personaxe moi peculiar que non para de argallar novas maxias para os ne@s.
Desta volta mestura a risa como elemento principal para sorprender @s mais cativ@s coas suas hitorias cheas de maxia.
Se queredes máis información sobre este evento clicade aquí.