Biotecnólogos na Biblioteca “Rosalía de Castro” de Santa Cruz-Oleiros
O mércores, 5 de outubro, na sala de actividades da biblioteca de Santa Cruz, realizouse un obradoiro creativo de divulgación científica a cargo de Efervescencia.
A actividade titulábase “Biotecnólogos” e empezou coa representación, por parte das/dos rapazas/rapaces, previo reparto de papeis, dunha historia onde unha das rapazas- bibliotecaria atopa un cadáver cando abre a biblioteca. Os rapaces-detectives terán que atopar á/ao culpable do crime. Para iso, recolléronse mostras “biolóxicas” para analizar posterioromente.
Deuse paso ao experimento para sacar o ADN das mostras recollidas. As/os nenas/os empregaron líquidos inofensivos, pipetas e probetas seguindo as instruccións do monitor. Pasouse á explicación, a través dunha proxección, de como descubrir á/ao criminal segundo ás cores do ADN. Enseguida, ás/ós rapazas/rapaces máis maiores decatáronse das concordancias e declarouse unha culpable. Ao final cada un das/dos asistentes levou para casa unha mostra do líquido que “contiña” o ADN e unha pipeta.