“Divermaxia” co Mago Paco na Biblioteca “Mª Jose Ruso” de Dorneda – Oleiros
O luns, 10 de outubro, tivemos unha tarde moi especial para os nenos e as nenas que se achegaron a Biblioteca de Dorneda. O Mago Paco contounos historias, contos, fíxonos trucos de maxia e aprendeu a facelos a máis dun dos presentes. Todo un divertimento onde os maiores tamén puxeron o seu punto de humor e diversión.