Cóntoche un traxe – Biblioteca José Saramago – CSC de Santa Marta – Santiago de Compostela
Catro voluntarios servíronnos de modelos para que Montse a través de coplas e de poesías nos fose ensinando cal era a vestimenta tradicional na nosa terra, tanto para ir traballar no monte como para os días de festa. Ensinounos os materiais tan diferentes co que estaban feitos, algúns tan ásperos como a la e o liño, e a súa procedencia, as xoias que lucían as mulleres e os homes nas ocasións especiais e como nisto había diferencias sociais. En fin, unha morea de detalles sobre a forma de vida dos nosos tataravós.
Os asistentes puideron ver como é a planta do liño, tocar telas antigas de la (máis de 120 anos) e como é o tacto do liño menos traballado. E por último facerse unha foto co traxe elixido.