Teatro de Marionetas Trécola co seu espectáculo “As Tres Raíñas Magas”na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz (Oleiros)
Este mércores, 26 de outubro visitaron a biblioteca as marionetas do grupo Trécola.
Cunha excelente e suxestiva posta en escena, Ero e Isa transportáronnos ata máis aló do universo na procura dunha estrela que como non atopamos tivemos que crear, cunha receita moi especial de cachiños de papel prateado do chocolate da merenda dun neno, migallas de biscoito de chocolate e moito, moito, amor.
Coa estrela xa conseguida, as tres raíñas magas atoparon o camiño ata a cova onde Jesusete acababa de nacer, entregándolle un montón de presentes para el e todos os nenos da aldea.
Moi boa ambientación, os bonecos dos títeres eran espectaculares para disfrute de todos os alí presentes coas aventuras de Melchora, Baltasara, Gaspara e os seus camelos.