“Un outro mundo por descubrir; as viaxes de Irene” na ALM de Ribadetea
O pasado luns, 24 de outubro tivo lugar na Axencia de Lectura Municipal de Ribadetea a actividade “Un outro mundo por descubrir; as viaxes de Irene“ actuación de Solidariedade Internacional de Galicia. Esta actividade foi realizada coa conmemoración coincidindo o día da Biblioteca.
Foi unha sesión didáctica sobre outros países, os seus costumes, alimentación, música, baile, a flora e a fauna etc…unha actuación na que ademais de escoitar contos puideron sentir os aromas das especias orientais e mesmo tocar area do deserto, etc.