A música con alma invade a Feira da Camelia de Cambados!
Este espectáculo de soul e literatura co que nos deleitou Iria Mejuto foi unha verdadeira “experiencia para a alma”. Puidemos facer un percorrido pola música negra dos anos 90, prestando especial atención á composición, escritura e interpretación deste tipo de melodías do soul, obtendo como resultado unha combinación perfecta para os nosos sentidos.