Obradoiro de improvisación teatral e creación de novos contos. Biblioteca José Saramago no CSC de Conxo
O sábado 11 de marzo, ao longo dunha sesión longa, os mozos e mozas achegáronse a xogos e dinámicas de improvisación para crear contos e historias. Fíxérono dun xeito lúdico, divertido e creativo, que suscitou grande interese e atractivo desde o comezo entre a mocidade.
Asistiron 20 mozas e mozos. O obradoiro continuará o día 18 e está previsto realizar na festa do teatro do venres 31 de marzo unha improvisación teatral e creación de novos contos para o público asistente.