“MANOELE DE FELISA” CELEBRA O DÍA MUNDIAL DA POESÍA EN BIBLIOPAZOS
O pasado lúns día 20 de marzo, tivemos na Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén (BIBLIOPAZOS) ao cantautor Manoele de Felisa co seu espectáculo de dinamización con música “Achegar á infancia o mundo da poesía musicalizada”.
A actividade tivo lugar no Auditorio do Concello para que puideran participar da mesma os alumnos de 1º e 2º de Primaria e de Educación Infantil do Colexio Público Integrado “Curros Enríquez” de Pazos e os da Escola de Educación Infantil “A Galeriña” de Nespereira.
Unha actividade moi animada, divertida e participativa na que os cativos e cativas non pararon de cantar durante a mesma as cancións dos poemas de Xosé Neira Vilas, Rosalía Morlán musicalizados por Manoele de Felisa e que aparecen publicados nos libros “Cantos de Lembranzas” e “Canta a lúa coas estrelas”.
Menudo exitazo o de Manoele en Pazos de Borbén. Ao remate da actuación os seus e as súas fans solicitáronlle multitude de autógrafos.