Obradoiro de Ilustración para nenos – Aula de xogo do CSC das Fontiñas – Santiago
O ilustrador Xosé Tomás fixo un obradoiro didáctico e ameno ós rapaces que asistiron. Empezando por explicar as partes dos libros e o proceso físico da súa creación foi introducindo ós nenos no mundo creativo que envolve os álbums ilustrados ata facelos partícipes na elaboración de imaxes e ilustracións.