NANOTEATRO NA BIBLIOTECA DE A RÚA PARA FESTEXAR O DÍA DO LIBRO
O día 25 de abril e dentro das actividades para celebrar o Día do Libro, tivo lugar na biblioteca a escenificación dos contos de “NANOTEATRO”. Participaron en total 88 alumnos pequeniños dos colexios da localidade. Os animadores escenificaron tres contos: O do papamedos, o gato que zampaba todo, o das 5 palabras, terminando a actividade acompañados pola guitarra coa canción do gato zampón. Os nenos pasárono moi ben.