Viaxamos ó mundo da dobraxe na BPM de Carballedo
A mímica e a teatralización son os métodos utilizados por Suso Pando e Manuel Pombal para explicarnos, dunha forma amena e moi divertida, en que consiste o mundo da dobraxe.
Pero que mellor que recrear un pequeno estudio de grabación para adentrarnos no tema. Máis se cabe se lle poñemos voz a algún dos nosos debuxos favoritos.
É unha mágoa que remate o obradoiro. Foi xenial ser, por un día, actores de dobraxe.