Un outro mundo por descubrir…na BPM do Saviñao
Día 5 de maio de 2017 ás 17:00, na biblioteca de Escairón
Para celebrar o Día das Letras Galegas (17 de maio) e en vista dos certames de debuxo e narración que temos convocados (Debuxo infantil Letras Galegas 2017) atopamos algunhas ideas sobre o mundo que queremos con esta actividade do catálogo Ler conta moito:
Un outro mundo por descubrir
Irene en Oriente Próximo
da man de Solidariedade Internacional de Galicia
o 5 de maio, ás 17:00 na sala infantil
Empezamos buscando no globo terráqueo onde estamos nós e a onde se foi Irene nas súas múltiples viaxes. E detivémonos na parte máis oriental do mar Mediterráneo.
Vimos numerosas fotos das paisaxes, as xentes e a cultura nesa parte do mundo.
Tamén escoitamos a súa música, interpretamos algún dos seus bailes tradicionais e ulimos as súas especias (algunhas non nos gustaron nada seguramente porque non estamos acostumados).
Buscamos nun atlas onde está o Mar Morto e descobrimos por que se chama así e por que se nadas nel non afundes, e disque ata podes ler un libro se te tumbas na auga porque flotas!
Rematamos coñecendo a historia do Corvo Branco, que devolveu as estrelas, o sol e a lúa ó ceo que vemos todos os días.
Despedímonos facendo debuxando un mundo mellorado.