CARLOS CASARES con Maxia e Música na Biblioteca Pública de Meis
…e así foi cómo, na tardiña de onte na Biblioteca Pública de Meis, nos adentramos cun percorrido das distintas obras da literatura infantil e adulta, publicadas por Carlos Casares, da man de Álvaro Muras.
Un espectáculo de maxia e música que cautivou a atención de todo o público asistente (cativos/as, pais/nais…); perplexos coas técnicas e trucos de maxia representandos, acompañados dun fondo musical.
Unha actuación de moita ilusión e participación por parte dun público asistente moi numeroso.