Martín Camiña coa Maxia de Carlos Casares na BPM de Irixoa
O pasado día 08-05-2017 o mago Martín Camiña realizou na BPM de Irixoa a actuación “As maxias máis máxicas de tódalas maxías. A Maxia de Carlos Casares. A través da maxia achegoulles aos participantes a vida e obra de Carlos Casares. Desde o Vento ferido ata O sol do verán, pasando por As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas, viron unha trama tecida na arte do encantamento das palabras de Carlos Casares.