Fran Campos da compañía o Bandullo azul, estivo en Chantada con Filipa cos contos.
O sábado 13 de maio estivo na Biblioteca municipal de Chantada Fran Campos co contacontos Filipa cos contos.
Os rapaces estiveron do máis motivados e atentos aos distintos contos que lles contaron tanto Fran como Filipa, a maioría deles de Carlos Casares. A pesar de que a actuación se prolongou un pouco máis dunha hora, os nenos non desconectaron en ningún momento.