“Unha viaxe ó mundo de Carlos Casares” da man de Soledad Felloza. No CSC de Santa Marta de Santiago de Compostela
Soledad contou dunha maneira moi sinxela pero con gran sentimento os contos máis coñecidos de Casares, como a historia de Ana, a nena que máis felicidade esparexía pola súa aldea, pero un día a súa familia decide emigrar para buscar un futuro mellor, entón Carlos queda pensativo, non pode permitir q Ana perda a súa lingua e as aventuras da xente da aldea. Idea un plan en que vaille escribir tódolos feitos tan peculiares que pasan nese lugar: como o día que apareceu unha galiña azul que dicía kokorÓ, e as autoridades querían facerlle dano; ou o día que o peixe do estanque morreu por ser solidario cun paxariño; ou cando Leoncio creou a bomba da felicidade…