Migallas Teatro na Biblioteca Municipal Sagrada Familia
Na Biblioteca Municipal Sagrada Familia da Coruña, celebramos a festa final do noso programa CantoConto!, de animación lectora para nenos de 2 e 3 anos. Con este motivo recibimos a Bea e Paolo de Migallas Teatro que nos trouxeron “Os contos do chupete”.
Grandes e pequenos gozamos da música en directo, as narracións e a dramatización dos diferentes contos que compartiron con nós. Entre eles clásicos, como Os tres porquiños e Chibos, chibóns, libros xogo, como Cucu-trás e outras novidades como Polo camiño de Mariana Ruiz Johnson editado hai moi pouco por Kalandraka.
O resultado foi unha festa protagonizada por moitos contos e moito ritmo.