O gran xogo das Letras Galegas visita Vilariño!
O pasado venres a ALM de Vilariño tivo a visita dos monitores de Eduvia Educación que propuxeron aos nenos e nenas o Gran Xogo das Letras Galegas… pasaron unha divertida tarde na que demostraron estar ben ao tanto dos e das grandes da nosa literatura, e como non, do homenaxeado este ano, Carlos Casares.