A Axencia de Lectura Fundación Ferama festexa o Día das Letras Galegas con “Filipa cos Contos”
Na Axencia de Lectura Fundación Ferama quixemos contribuír coa celebración das Letra Galegas en honra aos nosos escritores cunha actividade de fomento da lectura a través do programa da Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia “Ler Conta Moito”.
O pasado venres 26 de maio Fran Campos e a súa amiga Filipa, (boneco “muppet”), propúxonos, a partes iguais, unha viaxe polos contos tradicionais e o repertorio infantil de Carlos Casares (Letras Galegas 2017), amenizados con música e canción en directo (guitarra e voz).