Soul e literatura: un paseo pola música negra, na Biblioteca Municipal Os Rosales
Grazas á coloboración co programa de animación á lectura nas bibliotecas “Ler conta moito”, o mércores 31 de maio fixemos Un paseo pola música negra da man de Black Galicia: Iria Mejuto á voz e Richi Rozas á guitarra, na Biblioteca Municipal Os Rosales. Con este concerto didáctico puxemos fin á nosa particular Primavera Literaria 2017 e dedicámosllo ás nosas lectoras dos clubs de lectura Café con libros, como remate deste curso 2016-2017.
A posta en escena e a voz de Iria Mejuto resultou unha agradabilísima sorpresa para as nosas usuarias, que pensan repetir experiencia alá onde toquen tantas e tantas músicas marabillosas. Todos os libros que se presentaron e do que se leron fragmentos serán dos máis prestados na Biblioteca este verán!