Fin de curso con Madame Bechamel e Signorina Bolognesa na Axencia de Lectura Fundación Ferama
En Fundación Ferama o pasado día 23 de xuño demos por finalizado o curso 2016/2017 cunha gran festa de despedida onde despois dunha semana de entrega de diplomas, coñecimos os gañadores do concurso “Bo Lector 2017” e gozamos dunha proposta divertida, participativa, amena e sobre todo máxica como é o espectáculo “Madame Bechamel e Signorina Bolognesa “ na Axencia de Lectura.

Madame Bechamel e Signorina Bolognesa na Axencia de Lectura Fundación Ferama
“Madame Bechamel e Signorina Bolognesa “ son dúas cociñeiras aloucadas e un pouco máxicas que cociñaron en colaboración co público, un saboroso bico mentres contaron un conto sobre o amor imposible entre un mago e unha bruxa… ou non tan imposible? Con cancións, xogos e outras sorpresas coas que gozamos e soñamos.