Magín Blanco achegouse ás Pontes co seu “Letras e notas”
Onte, martes 18, Magín Blanco visitou As Pontes. Aproveitando o verán sacamos a biblioteca ao parque e entre libros desfrutamos da actuación do cantante co seu Letras e notas. Os nenos e nenas pontesas pasárono en grande. Cantaron, bailaron e acertaron adiviñas xogando coas letras e coa música. Grazas Magín, foi un pracer a túa visita.