Black Galicia relaciona literatura e soul no Vicedo
Black Galicia presentou a súa actividade Un paseo pola música negra, soul e literatura no Vicedo. Durante unha hora puidemos deleitarnos cun fermoso concerto onde se repasan os grandes éxitos da música negra con diferentes obras literarias. Un repaso moi interesante que fixo as delicias dos asistentes e así o demostraron cunha gran ovación final. Fermoso concerto para unha noite de verán…