Filipa cos contos, con Fran Campos na Semana Cultural de Zas
Un ano máis, na semana grande do Concello de Zas, a Semana Cultural, previa á Festa da Carballeira a Axencia de Lectura de Baio pon o seu “granciño de area” con unha actividade para os/as máis pequenos/as. Nesta ocasión contamos con Fran Campos, de Bandullo Azul e a súa compañeira Filipa que por medio do teatro e da música en directo, nos levaron a un mundo cheo de contos, algúns deles do escritor Carlos Casares, a quen se lle dedicou este ano o Día das Letras Galegas.
Xa estamos desexosos/as de que nos volvan visitar!!!