Ler a nosa BD! Unha viaxe pola historia e os autores da Banda Deseñada Galega, na Biblioteca Os Rosales
Non pode arrancar de mellor xeito o XX aniversario do noso Festival de cómic Viñetas desde o Atlántico que poñendo en contexto a banda deseñada galega, as súas orixes e a súa evolución ata o día de hoxe. E é por iso que programamos na Biblioteca Os Rosales a charla con Xulio Carballo: “Ler a nosa BD! Unha viaxe pola historia e os autores da Banda Deseñada Galega”.
O luns 7 de agosto ás 18 h coñecimos as orixes da banda deseñada galega da man de Xulio Carballo e ata o domingo 13 de agosto poderemos disfrutar na cidade da Coruña do Festival Viñetas desde o Atlántico, que lle dedica unha exposición especial aos autores galegos convidados ao longo destes vinte anos de historia.