Construíndo o noso libro ilustrado na Biblioteca Municipal de Caldas de Reis
As mañáns dos sábados 16 e 23 de setembro na Biblioteca Pública Municipal “P. Martínez Ferro” un grupo de nenos e nenas achegáronse da man de Minia Regos “Gargallando” ao mundo da ilustración.
Os rapaces traballaron as súas destrezas artísticas e pasárono en grande entre lápices de cores, personaxes de conto e fantásticas historias. Crearon os seus propios contos que finalmente levaron para os seus fogares.

Foi toda unha experiencia! Repetirémola!