CREANDO CONTOS COAS NOVAS TECNOLOXÍAS NA BIBLIOTECA POETA LOIS PEREIRO DE MONFORTE
O xoves 28 de setembro, dezaoito nenos e nenas asistiron á biblioteca municipal para crear contos coas novas tecnoloxías. As tablets foron o soporte para construir as súas propias historias acompañados por Avelino Correa que estivo dirixindo e ensinando a manexar a aplicación coa que facian as súas composicións.
Durante hora e media non levantaron os ollos das imaxes e historias que ian facendo. Pasáronno moi ben e quedáronlle moitas ganas de repetir.