Chío Couto Rendo co seu BiblioCanta, na Biblioteca “Antón Castro” de Meicende (Arteixo)
O día 4 de outubro e durante unha hora, o público asistente cantou, bailou, xogou e divertiuse cos ditos e cancións populares, axudando a que a literatura oral galega non caia no esquecemento.