XURXO SOUTO NA BIBLIOTECA PÚBLICA DE FOZ COAS SÚAS CANTIGAS TERRICOLAS E O AUDIOVISUAL “DOS GAITEIROS DO MAR”
Este pasado venres día 20 de outubro tivemos a actuación de Xurxo Souto coas Cantigas terrícolas e o audiovisual “Dos gaiteiros do mar”. un percorrido sobre contos dos mariñeiros en Terranova, Irlanda.. acompañado polo grupo Os Larpeiros de Foz, que cantaron as cantigas propias dos mariñeiros de esta vila. Unha actividade moi entrañable cunha boisima comunicación entre público e artista. Ao finalizar o acto tivemos a sinatura do libro “Contos do mar de Irlanda”.