As parábolas de Pakolas na Biblioteca P.M. “Mª José Ruso” de Dorneda (Oleiros)
Este luns, ás 18´30 h. tivemos a sorte de poder desfrutar de Paco Cerdeira e as súas Parábolas. Unha sesión, moi entretida e con moito, moito ritmo. E a ritmo de rock e outros estilos, Pakolas, foinos deleitando coas súas historias, que facendo un percorrido rematan cunha mensaxe final, formando así unha fermosa parábola da que aprender e na que pensar.