“O pucheiro da señora Emilia” de Charo Pita no Día da Biblioteca en Vilagarcía de Arousa
En conmemoración do Día da Biblioteca, programouse o 24 de outubro a realización dun contacontos titulado: “O pucheiro da señora Emilia” realizado por Charo Pita que contou as historias, de aquí e de alá, de medo e de risa, tristes e enxeñosas, que lle suceden a aqueles que teñen o pucheiro da señora Emilia. Os nenos e nenas asistentes quedaron engaiolados coas historias e contos e disfrutaron e participaron na actividade.