Pallaso Piruleta & Cia trouxeron A BIBLIOTECA MÁXICA : ESPECIAL GLORIA FUERTES á B.P.M. “Xograr Mendiño” de Lorbé (Oleiros)
O xoves 26 de outubro chegaron á biblioteca de Lorbé Don Renato e Piruleta, que nos trouxeron a súa Biblioteca Máxica e nos aproximaron á figura de Gloria Fuertes de un xeito engaiolante no que houbo de todo: música, maxia, humor, monicreques, malabares, teatro de sombras, proxeccións…todos estes recursos teñen cabida na Biblioteca Máxica, que resultou unha actividade que namorou a grandes e pequenos.