Romaría na Axencia de Lectura de Chapela para festexar o Día das bibliotecas
Este venres festexamos o Día das Bibliotecas en Chapela cunha auténtica “Romaría”, servida e amenizada pola actriz e contadora Raquel Queizás.
A tarde de caloriña da que estabamos a gozar animounos s a saír do noso espazo e sacar os contos á natureza, e a biblioteca viviu así unha experiencia moi saborosa coa narración oral, e cos seus propios libros.

“Romaría” é un espectáculo baseado nos contos populares do rural tradicional galego, e que mellor espazo para contalo que o noso piñeiral, gozando da Ría de Vigo e mais das nosas árbores!
Contos e lendas tradicionais que falan de fest a e cos que festexar un dos días máis importantes no calendario das bibliotecas.

VER MÁIS NO NOSO BLOG: http://bibliotecasredondela.blogspot.com.es/2017/10/romaria-no-pineiral-do-crego-con-raquel.html
Guardar