Bibliotecas Animadas. StopMotion na Biblioteca Municipal Xabier P. Docampo de Cambre
Actividade interdisciplinar, moi interesante e orixinal. Lectura, expresión plástica, fotografía e traballo en equipo conforman estes obradoiros.
Póñense en relación dous mundos: cinema e literatura.
É unha actividade organizada en catro sesións. Na primeira comezase cunha introducción á técnica de animación do Stop Motion (foto a foto) e cómo o cinema e literatura están máis unidos do que parece. Con todos os conceptos claros, as/os participantes comezaron a traballar en dous proxectos de curtametraxes diferentes, con historias sacadas de libros infantís.
Durante todas as sesións foron creadores en todas as fases, dende o deseño e creación dos personaxes e escenarios, á adaptación dos guións, pasando pola realización de fotografías e a dobraxe.
Todo o proceso moi ben desenvolto por Minia Regos. O resultado é impresionante e ademais cada participante leva gravada a curtametraxe na que participou.